Catro días para gozar da literatura na Cubela

A libraría Azeta organiza numerosas actividades en colaboración con escritores, músicos e locais do barrio


15/05/2017 05:00 h

Desde hoxe ata o xoves • Hoxe ás 11.00 (Praza González Dopeso) e 20.00 horas (Enoteca Gran Reserva) • O barrio da Cubela festexa desde hoxe ata o xoves o Día das Letras Galegas. Suso Cambón, da librería Azeta, pediu a participación de escritores, poetas, músicos e locais do barrio para una celebración que arrinca hoxe, ás 11.00, coa lectura do libro de Carlos Casares O polbo xigante que farán os alumnos do colexio María Mariño. Será na praza González Dopeso. E á tarde, ás 20.00 horas, haberá un faladoiro literario na enoteca Gran Reserva, na que participarán os escritores Xavier Alcalá, Pedro Casteleiro, Xabier P. Docampo, Alfredo Ferreiro e Martin Pawley.

Mañá, martes, ás 12.15 horas, tamén na praza González Garcés alumnos do colexio Concepción Arenal representarán os contos O calcetín amarelo e Eu no fun. E de 19.00 a 20.30 horas terá lugar un roteiro literario con música e recitais poéticos de Pura Tejelo, Xavier Alcalá, Mar Guerra, Carlos López, Pedro Casteleiro, Yolanda Castaño, Xabier Docampo, Ramiro Torres e Alfredo Ferreiro, entre outros. O día 17 haberá xogos infantís, na praza González Dopeso, e as 12.00 actuará as gaitas de Xebre. Os actos rematarán o xoves, ás 12.00 horas, cando alumnos do CEIP San Francisco Javier representen un conto de Carlos Casares.

Votación
1 votos