Ofrenda floral diante da tumba de Eduardo Pondal

La Voz

A CORUÑA

07 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Coincidindo co centenario do seu pasamento, a Federación Galiza Cultura programa para esta tarde (17.00 horas) no camposanto de Santo Amaro unha ofrenda floral diante da tumba de Eduardo Pondal. Na cita participarán, entre outros, María Xosé Bravo, en representación de Agrupación Cultural Alexandre Bóveda; Manuel Ferreiro, catedrático da UDC; Xosé Manuel Varela, presidente da Fundación Pondal; e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo. A homenaxe rematará, como é cumprido, cantando os versos co que o autor de Ponteceso puxo letra ó himno galego.