A UDC constata un retroceso no emprego da lingua galega nos campus

A CORUÑA CIUDAD

A docencia e a investigación son os ámbitos con menor utilización

26 nov 2014 . Actualizado a las 11:22 h.

As undécimas Xornadas de Lingua e Usos da Universidade da Coruña (UDC) se centrarán estes días en analizar o emprego do galego no ámbito universitario, unha presenza que experimentou un retroceso ao igual que no resto da sociedade, segundo explicou hoxe Xosé Ramón Freixeiro, director do Servizo de Normalización Lingüística da UDC, quen destacou que «os puntos fracos do galego no ámbito universitario están na investigación e na docencia». Tamén dixo que este foro servirá para coñecer as experiencias levadas a cabo en Cataluña e no País Vasco, ademais de facer «un debate repousado, serio e riguroso de todo o proceso de normalización lingüístico levado a cabo ata o momento».

Pola súa banda, o secretario xeral de Política Linguística, Valentín García, tamén dixo que estamos moi lonxe do 30 % que sería desexable no emprego da lingua galega, e por iso a nosa «gran asignatura pendente» é conseguir que o conxunto da sociedade utilice máis o idioma de Galicia, «porque temos a xeración mellor formada na lingua, pero cos usos máis baixos». O reitor Xosé Luís Armesto tamén destacou a importancia de traballar neste sentido para acabar coa «involución» no emprego do galego. «Precisamos dun forte rearme social, institucional e político a favor da lingua galega», sinalou.