Alonso Montero responde al BNG: «Este españolista vai defender a lingua galega»

Eduardo Eiroa Millares
Eduardo Eiroa A CORUÑA

A CORUÑA

Alonso Montero con Pachi Vázquez en la Academia
Alonso Montero con Pachi Vázquez en la Academia Eduardo Eiroa

El presidente de la Academia prefiere dar por no pronunciadas las palabras de crítica hacia su persona de Xavier Vence

15 may 2013 . Actualizado a las 11:27 h.

O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, recibiu onte na sede da RAG a visita institucional do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, que asistiu ao encontro acompañado polos socialistas Carmen Gallego e Francisco Cerviño, que é académico correspondente da institución.

Tras a entrevista, Vázquez subliñou a vontade dos socialistas galegos de colaborar coa Acadmia na defensa da lingua e a cultura galegas. Pola súa banda, a preguntas dos xornalistas, Alonso Montero respondeu as durísimas críticas vertidas nos últimos días desde o BNG contra o presidente da Academia despois de que o novo responsable da RAG marcara distancias co nacionalismo -«O galego non é dos nacionalistas», apuntou na súa primeira entrevista en La Voz- e mesmo acusara ao Bloque, no programa Vía V, de «abafar» o galego co seu agarimo.

Un patrimonio dos galegos

«O galego é de todos. O idioma non é nin do grupo A nin do grupo B, é o idioma de Galicia, fálano ricos e pobres, parados e non parados, de esquerdas e de dereitas», dixo Alonso Montero.

O escritor asegurou que non leu as declaracións sobre el feitas polo voceiro nacionalista, Xavier Vence, que cualificou o discurso do novo presidente da Academia de «disparatado» e mesmo lle chamou «bocazas» nun acto público na Coruña. «Eu tiña noticias de que [Vence] era catedrático e responsable dunha formación política moi importante en Galicia, pensar que unha persoa destas características emite uns adxectivos dese tipo sobre a miña persoa... Decidín pensar que os meus informadores informáronme mal, e se apareceu nalgún medio, talvez se trabucaron. Resístome a crer que empregara eses adxectivos sobre a miña persoa», afirmou Alonso Montero, optando pola diplomacia e a ironía. Respondeu tamén ás verbas de Pilar García Negro, que o definiu como «españolista extremista». Matizou Alonso que non é independentista, senón «autonomista, marxista e republicano», expresou ou seu desexo de que Galicia poida formar parte algún día dunha República Federal Española e replicou á ex deputada do Bloque, de novo botando man da ironía: «En todo caso este españolista vai defender a lingua galega».