«A nosa principal loita é a construción de beirarrúas»

Valoración Con: 1 estrella 2 estrellas 3 estrellas 4 estrellas 5 estrellas   votos ¡Gracias! Envíando datos... Espere, por favor.

A directiva da Asociación de Veciños Santa María de Vigo, unha parroquia de Cambre, leva catro anos organizando a súa Festa da Xuventude. O tesoureiro, Antonio Pena, explica que a iniciativa xurdiu «para conseguir fondos cos que financiar a cita forte do verán», que é a festa patronal do 15 de agosto, Santa María». «Pretendemos facer algo de colchón para poder invertir os cartos en agosto», explica Antonio Pena. Sen embargo, a Festa da Xuventude que este ano se celebrará o día 20, está collendo cada vez máis sona.

-¿Canto pensan recadar na Festa da Xuventude?

-Como en toda festa, dependerá do tempo que faga. Se chove... non moito. O ano pasado tivemos moi bo día e o acadado serviunos para facer unha boa festa no verán. Somos unha asociación pequena e entre os fondos propios, as aportacións de entidades como o Concello e os donativos dos veciños conseguimos o suficiente para organizar as actividades. Con 1.000 ou 2.000 euros arranxaríamos para as seguintes festas.

-Pero o próximo venres terán orquestras moi caras: Bámbola e Panorama.

-Non poderiamos contratalas no verán porque sería moito máis caro. Nesta época do ano encontras boas orquestras a prezos máis baixos.

-¿A que hora empezarán as celebracións?

-As actividades empezarán ás 20 horas cunha gran churrascada e polo á brasa. E no transcurso da verbena haberá un sorteo de 300 euros. Ademais, estará dispoñible un espazo de 12.000 metros cadrados de aparcamento gratuíto.

-¿E nótase a crise nunha asociación de veciños?

-Claro que se nota, como en todas as asociacións. Pero vamos aguantando. De todas formas, cando entramos a nova directiva a asociación tiña entre 50 e 60 socios activos, e agora somos máis de 340. Cando empezamos había 600 euros de orzamento, e nós fomos quen de multiplicalo.

-¿Qué necesidades ten a parroquia de Santa María de Vigo?

-A nosa principal loita é a construción de beirarrúas para o pobo, porque a estrada ten moito tránsito de vehículos e non hai beiravías. Sempre hai necesidades, pero esa é a fundamental. O Concello está facendo saneamentos e redes de sumidoiros, pero a nós nos tocará os últimos porque estamos no alto.

-¿Cerrará a escola unitaria?

-Posiblemente pechará porque se está quedando sen nenos. Intentamos poñerlle solución a este problema fomentando que os rapaces doutras parroquias poidan ser trasladados e escolarizados na nosa unitaria. Pero tamén somos conscientes de que con tres rapaces non é viable manter aberta unha escola unitaria. Pero nós intentarémolo de todos os xeitos.

Antonio Pena é un dos organizadores da Festa da Xuventude. C. Q.
Saber más...
#