«A xente está desexando cousas que facer e é moi agradecida»

Á. P.

ZAS

José Brenlla.
José Brenlla. casal< / span>

A asociación de veciños de Loroño celebra esta noite en Zas a súa primeira Festa da Filloa

28 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación de veciños de Loroño segue ampliando o seu radio de acción. Tralas xornadas de setas e a cata de viño a súa directiva, da que forma parte José Manuel Brenlla Castiñeira, decidiu organizar unha Festa da Filloa, na que tamén haberá cocido, música e baile. Será esta noite no pavillón de Zas a partir das 21.30 horas coa colaboración do Concello e o bar Tívoli.

-¿Como naceu esta festa?

-A idea era facer algo entre os veciños. Ocorréusenos xuntar unhas pedras e facer unha festiña da filloa, pero despois pensamos que filloas soas non, así que dixemos, pois veña, cocido tamén.

-¿Canta xente hai xa anotada?

-Agora mesmo debemos ter xa uns 300, que non está mal. E ademais vai vir máis xente que nos dixo que para a cea non podían, pero que si virían despois a tomar unhas filloas e botar un baile. Non esperabamos tanta xente; contabamos sobre 80 veciños e algún amigo máis.

-¿Cal é o segredo da boa acollida de todas as iniciativas da asociación?

-Eu penso que non hai máis segredo que traballar e ofrecer cousas, non necesariamente diferentes, pero si cun toque distinto. Así ocorreu coa cata de viños ou coas setas, que era algo que aquí non se levaba moito, e en ambos casos esgotamos as prazas. O que hai que facer é poñerse, facer algo e poñer unha oferta de actividades enriba da mesa porque a xente está desexando que haxa cousas que facer. Ademais, a xente é moi agradecida. Nós, agora, non tivemos que comprar grelos para o cocido; ao contrario, houbo que dicirlle á xente que non trouxera máis, e cos ovos para as filloas, igual.