O mellor da escena galega citarase os sábados do outono en Vimianzo

La Voz

VIMIANZO

cedida

Humor, teatro e música integran o programa preparado polo Concello

25 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha destacada representación do panorama escénico galego pasará ata final de ano por Vimianzo grazas ao programa de actividades elaborado polo Concello e presentado onte polo alcalde, Manuel Antelo, e a edila de Cultura, Marta Rei. Todas as funcións serán os sábados no auditorio da Casa da Cultura ás 21.30 horas.

1 de outubro

«A rúa do inferno». Axoúxere Teatro • Entrada gratuíta • Comedia protagonizado por Paula Suárez, Sara Pascale e Nanda Tasende .

 8 de outubro

«Eroski Paraíso». Chévere • 5 euros • Miguel de Lira e Patricia de Lorenzo encabezan o reparto da nova montaxe da prestixiosa compañía compostelá.

 15 de outubro

«Carlos ao vivo». Carlos Blanco • 5 euros • Noite de risas garantidas co monologuista arousán.

 22 de outubro

«Falar sen cancelas». Isa Risco, Fran Rei e Pedro Brandariz • 2,5 euros • Cita con tres mestres do humor.

 29 de outubro

«A casa de Bernarda Alba». Compañía El Ruiseñor • Gratuíta • Adaptación do clásico de Lorca.

12 de novembro

«Dous son parella e o demais son calumnias». Isi e Celso Sanmartín • 2,5 euros • Divertida análise das relacións cotiás e de parella.

 19 de novembro

«Miña casiña meu lar». Lisístrata • Gratuíta • Achegamento ao drama da violencia machista.

 26 de novembro

«Baladas da Galiza imaxinaria». Uxía e Narf • 2,5 euros • A cantante e o guitarrista presentan o seu primeiro disco conxunto.

  

3 de decembro

«Momentos máxicos». Mago Rafa • 2,5 euros • Sesión de maxia, diversión e sorpresas.

 10 de decembro

«Monólogo do imbécil». Xosé Touriñán • 5 euros • Monólogo do popular cómico.

  

17 de decembro

«O Des-enlace». Tik Tak Teatro • 2,5 euros • Análise da actualidade e do poder.

 Entradas

Para os espectáculos de pago haberá entradas reducidas ao 50% para estudantes e maiores de 65 anos. Tamén haberá bonos para todas as funcións (20 euros), os espectáculos de 2,5 euros (a 10) e para os tres de 5 (a 12).