Seguindo as pegadas pola comarca de «Costa do Solpor»

La Voz

VIMIANZO

Xosé María Lema guiará aos participantes na excursión inspirada na súa novela

24 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Sábado. 9.30. Desde a praza do Concello de Vimianzo. Xosé María Lema será o encargado de guiar este sábado unha nova saída da ruta pola Costa da Morte que vai seguindo os pasos do seu libro Costa do Solpor.

 Vimianzo, as ruínas do pazo de Boallo, a praia de Langosteira, o porto de Fisterra e mais o seu cabo, Corcubión, Cabo Touriñán, a casa do Crego Sabio (Santa Mariña de Coucieiro) e a parroquia de San Cibrán (Vilastose), a Furna da Buserana e a praia da Arnela, a vila fantasma cun nome maldito, a ponte da Ponte do Porto, Cabo Vilán e a costa norte do municipio de Camariñas serán algúns dos lugares que poderán visitar os participantes neste percorrido no que Lema terá tamén a colaboración de Alexandre Nerium e Miro Villar.