O Couto, punto de encontro para as Aldeas Singulares

La Voz

VIMIANZO

Representantes de diversas iniciativas de desenvolvemento rural compartirán as súas experiencias

21 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Couto celebra hoxe (de 10.30 a 14 horas) o seu terceiro Encontro de Aldeas Singulares, que reunirá a representantes de diversas iniciativas de desenvolvemento no mundo rural para compartir experiencias: Manuel Mouzo Olveira (Montecelos, proxecto de cría de gando en montes comunais de Carnés, Vimianzo), Jesús María Calo Faraldo (presidente da Cooperativa Agraria Provincial, que impulsa Bico de Xeado), Venancio Miniño (Comunidade de Montes de Mougas), Paula Rivela Cabanas (Fontao. A miña historia), Elena Ferro (taller rural), Lola Tourón (recuperación de actividades), Marcos Pérez (Mercado de la Cosecha), Ignacio Rodríguez e Suso Soto (San Sadurniño: proxectos ambientais sostibles), Luís García (EFA Fonteboa), Val do Navia e Manuel Pereiro (Monte Faro e Rapa das Bestas).

Tamén participarán Jaime Izquierdo Vallina, que falará de Volver a la aldea sin retroceder, e Guillermo González (xerente do GAC3) e José Antonio Vila (xestor do GDR).