«San Guillerme é pura maxia, ten moita enerxía»

La Voz

VIMIANZO

01 ago 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor someteuse ao terceiro grao, e estas foron as súas respostas:

-¿Onde se celebra a revolta máis famosa da Costa da Morte?

-En Vimianzo, a Irmandiña.

-¿Un defecto?

-É moi doado convencerme para calquera cousa. Pero teño que dicir que eu tamén son bastante persuasivo (rise).

-¿Cal é o mellor produto da terra de Coristanco?

-A pataca.

-¿Un lugar da Costa da Morte?

-San Guillerme, en fisterra. é un lugar máxico, ten moita enerxía.

-¿Cal foi o último faro que se construiu da Costa da Morte?

-O de Punta Nariga.

-¿En qué comarca intentaron aforcar ao inglés George Borrow?

-¡En Fisterra!

-¿A que froito se lle adica unha feira na localidade de Paiosaco?

-Ás cereixas.

-¿Qué traballan os artesáns máis coñecidos de Buño?

-Traballan o barro.

-¿Qué libro está lendo na actualidade?

-Estou con Corcubión y su jurisdicción en la Guerra de Independencia, de Alejandro Lamas. Non logro concentrarme coas novelas, así que tiro máis polos ensaios.

-¿Cal foi a última película que foi a ver ao cine?

-Unha duns bichiños amarelos... Non lembro o nome. ¡Ah si! Los Minions se chamaba. Encantoume.

-¿Onde secan os congrios ao sol?

-En Muxía.