«As máis de 400 persoas deste ano supoñen un récord para nós»

Brais Capelán CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

JOSE MANUEL FERREIRO

O técnico de Deportes vimiancés mostrouse moi contento coa participación

17 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Víctor Santos é unha das persoas con máis peso na preparación desta proba.

-¿A canta xente moviliza a carreira?

-A cifra está entre as corenta ou cincuenta persoas, entre membros de Protección Civil, voluntarios e Policía Local.

-¿Que supón estar dentro do circuíto?

-É un proxecto entre nove Concellos e os participantes das probas aumentaron. As máis de 400 persoas deste ano supoñen un récord para nós.

-¿Canto levan preparando a carreira?

-Mes e media cos permisos e desde agosto planificándoa.