Hoxe, nova velada de actividades e tamén festa con Sés

As Festiletras do Couto viven hoxe a segunda xornada. Fina Casalderrey, lembranza a Asunción Antelo, presentación literaria con Manuel Ferreiro e concerto de Sés son algúns dos plans

.

As Festiletras do Couto seguen hoxe. Pola mañá (11.30), Fina Casalderrey manterá un encontro co alumnado de primaria. Ás 15.30 actuará Cé Orquestra Pantasma, na biblioteca do CEIP Eduardo Pondal. A tarde (16.30) servirá para contarlle aos nenos quen foi Asunción Antelo, A voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal, e máis para recitar e entregar o premio Berghantiñana. Ás 20.30, Manuel Ferreiro presentará a súa Xeografía Pondaliana e ás 21.00 chegará o concerto de Sés (Casa dos Veciños). No tecido empresarial de Ponteceso, por outra banda, están de Festidescontos e de Festisabores.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios