Inscrición no programa Apego en Ponteceso

La Voz

PONTECESO

As familias que o desexen xa poden anotarse

30 ago 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ponteceso sumouse ao programa Apego para a socialización en galego dos máis pequenos. As familias interesadas xa poden inscribirse na iniciativa, organizada dende o departamento de Normalización que dirixe Carlos Penedo. Será levada a cabo por Julia Ures, normalizadora, e incluirá actividades ata o mes de outubro. As familias que se anoten recibirán o correspondente material.