«Non é xusto o que lle ocorre ó leite e a pesca»

La Voz

PONTECESO

Lucía Veciño Souto, coordinadora do BNG en Ponteceso, ascendeu nestes comicios dende o oitavo ao sexto posto nas listas ao Congreso

24 jun 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Lucía Veciño Souto, coordinadora do BNG en Ponteceso, ascendeu nestes comicios dende o oitavo ao sexto posto nas listas ao Congreso, o que supón, segundo ela, «unha clara aposta do BNG por Bergantiños e, en xeral, pola Costa da Morte, como ocorreu coas eleccións de Cuca e Paco Souto».

A candidata ten claro o seu eixo de traballo en caso de acadar un posto como deputada ao Congreso: «Non é xusto o que lle ocorre ao leite e á pesca. Recursos básicos de Galicia, e da Costa da Morte, que apenas teñen apoio para saír adiante. Hai un problema xeracional grave debido a que os gandeiros apenas son capaces de cubrir os custes de produción debido ao poder que exercen as empresas transformadoras. E no caso da pesca, o Goberno asumiu o que di a Unión Europea sobre o recortes das cotas. Estes sectores produtivos serían o meu eixe de traballo».

En termos xerais, Lucía Veciño apostou por crear «a tarifa eléctrica galega. Como produtores e exportadores de enerxía, Galicia ten que ter esas vantaxes con respecto a quen compra a electricidade».