O día 23 comezan as andainas de «Buscando Ardebullo», tamén pola comarca

La Voz

PONTECESO

CLARA LÓPEZ

O primeiro capítulo foi gravado na Aldea do Couto

12 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Buscando Ardebullo, o programa de Xosé Antonio Touriñán, Marcos Pereiro e Manolo Pereiro, xa ten data estrea: o vindeiro 23 de febreiro, na TVG. Hai xa un tempo que viñeron gravar pola comarca, así que hai expectación. Diso se fixo eco onte a Fundación Eduardo Pondal, lembrando que o primeiro capítulo foi gravado precisamente na Aldea do Couto, «polo que estade atentos». Cada entrega irá contando as andainas dos tres personaxes (Xosé Antonio, Marcos e o pai deste último, Manolo) por «lugares marabillosos», como eles mesmos describen nas redes para alertar da conta atrás cara a estrea. É un programa de viaxes no que percorren media Galicia para achegarse ás súas xentes e aos seus modos de vida. Por suposto, con humor.