«Sabemos que desde o século XIII pasaban pola ponte de Brandomil»

La Voz

MUXÍA

03 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

María Martínez Tubío (Brandomil, 1983) é a presidenta da asociación cultural Grandimirum, que promove a inclusión de Brandomil no Camiño Xacobeo, na ruta de Muxía.

-¿Que probas teñen diso?

-Temos documentación que indica que é así e estamos traballando para reunir máis información con algún historiador. Manuel Vilar está a botar unha man. É un gran coñecedor do Camiño. Dos peregrinos sabemos que desde o século XIII pasaban pola ponte de Brandomil. Ademais hay certos indicios bastante relevantes. Non son datos contundentes, pero si indicios como restos, nomes de igrexas e vestixios dedicados a Santiago. Non foron feitos puntuais, senón que a ruta continúa utilizándose, sobre todo por parte dos que van en bicicleta. Intentamos obter o recoñecemento de que hai un camiño máis.

-¿Por que é tan importante

-É un tema moral. O importante é o recoñecemento de algo que é obvio. Un dos motivos é recobrar algo de historia que nos pertence.

-¿Cando empezaron a sentirse recoñecidos?

-Un concelleiro de Compromiso por Galicia de A Baña presentou a nosa demanda ao pleno e a nosa idea agora é que tódolos concellos se involucren e, polo momento, estamos a conseguilo. Este non é so traballo da asociación, senón de moita xente.

María Martínez Tubío confía en que Patrimonio lles dea a razón sobre a ruta