Presentación do libro premiado co López Abente

La Voz

MUXÍA

Rivadulla Corcón participou no acto celebrado en Santiago, acompañando a Xoaquín Araújo

27 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O escritor Xosé Henrique Rivadulla Corcón participou o mércores en Compostela, en representación da Fundación Gonzalo López Abente, na presentación do libro galardoado co premio de poesía que concede a entidade muxiá: Os días condenados. Fragmentos para un devocionario, de Xoaquín Araújo Cardalda. No acto xunto a eles estiveron tamén a poeta María Arce e Fran Alonso, de Edicións Xerais.