Malpica: sobre o «lobby-pinza»

Paco Cotelo TRIBUNA ABERTA

MALPICA DE BERGANTIÑOS

20 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

[En resposta ao artigo Lolita, de Héctor Pose]

Intentar simplificar a labor realizada por un esforzado grupo de profesionais da distribución de peixe co simple (mais punzante e ferinte) nome de ‘lobby -pinza’, esixe, cando menos, unha desculpa ou unha definición máis profunda.

Nunha interpretación moi persoal dese novo «cuño lingüístico», pero de «condicionantes antropolóxicos», diría que é cando menos irónico ter escoitado incesantemente ideas de tendencias «zurdas» aquela famosa frase de «a culpa é dos intermediarios», e coa mesma escoitar que a culpa hoxe en día é da gran distribución. Culpar a alguén sempre foi unha boa pantalla para ocultar todo tipo de males. No caso de culpar aos compradores na industria pesqueira, serviu para ocultar problemas estruturais sindicais, económicos, de sobreexplotación... e máis que están por crear, vista a denominación de lobystas-pinza. Debería vostede saber que eses que chama lobbystas-pinza comían, ceaban e almorzaban á mesma hora. Os seus horarios nunca lles permitiron o luxo de durmir oito horas seguidas (a non ser os domingos); eran «todo en un»: compradores choferes, contables, cargadores, mecánicos, lavadores de caixas... e «reténs» nunha actividade que entre o peixe do día e o da noite ocupaba, cando menos, 18 horas diarias. Recordarlle que para que un porto estea en activo 24 horas precisaba, polo menos, dun de eses lobbystas, e podo asegurar que o de Malpica tiña máis de un peixeiro comprador de garda. (Se isto é o que vostede entende por grupo de presión (lobby), pode que lle aceptara a súa definición; máis estou seguro que non era esta a idea que tiña en mente).

O de referirse aos anos 80-90 non pode desculpar ou desagravar a súa «nomenclatura», pois os problemas que puideran xerar os compradores neses anos no son máis que os herdados dunha relación comercial distante e excluinte e en distintos contextos económicos. En servizo abandonáronos, entre outros: Jesús Álvarez , Andrés de Angelita, José de Adelina, Martín, As Pescantinas, Paquita a Truca… e outros enfermaron no porto: Calviño, Lourdes, Luciano... e moitos máis. De seguro. Por iso e máis, non son quen de dicir que non tivéramos a nosa parte de culpa no acontecido, pero podo afirmar que nunca fomos considerados nin escoitados na nosa auténtica valía polos axentes vinculados na desfeita. E escoitado o termo «lobbysta-pinza» creo que seguimos nas mesmas. «O peor cego é o que o que non quere escoitar».