Xelucho Abella publica a obra «Fuxiron por mar»

La Voz

MALPICA DE BERGANTIÑOS

JOSE MANUEL CASAL

Aborda a odisea de tres motoriñas de Malpica que fuxieron para Francia durante a guerra civil

14 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xelucho Abella Chouciño (Malpica, 1945) vén de publicar Fuxiron por mar, coa editorial Toxosoutos. «Durante a Guerra Civil española, tres motoriñas de Malpica fuxiron para Francia: Ciudad de Montevideo, con 11 homes; San Adrián, con 26; e Rocío, con 29. En fráxiles embarcacións enfrontáronse as temibles galernas cantábricas ata arribaren á Bretaña francesa. Este libro está escrito para que as súas odiseas non caian no esquecemento», di a contraportada da obra. Xelucho, xa autor doutras publicacións, é licenciado en Teoloxía e en Filosofía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Exerceu como profesor dende 1982 ata o 2009 en varios institutos, como o Alfredo Brañas ou o de Ponteceso. No 2009 sufriu un ictus. Daquela, tiña escrita o 80 % desta obra que agora ve a luz. Dende entón, dedicouse a rematalo.