San Fins bailará ao son da Foliada Farrapeira

Marta López CARBALLO / LA VOZ

LAXE

Ana Garcia

Os organizadores agardan que esta segunda edición sexa, canto menos, igual de exitosa que a primeira

25 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

«Sempre se fixo festa en San Fins por estas épocas, pero faltaba a nota musical, e aí estamos nós para poñela». Así reflexiona Antonio Costa, da comisión organizadora da Foliada Farrapeira que se celebrará hoxe no campo de San Fins (Cabana). Ás 12.30 horas subirán os santos ata a Capela de San Fins para máis tarde, á unha do mediodía, celebrar unha misa solemne cantada pola Coral de Cesullas. Xa ás 14 horas dará comezo a foliada coa actuación de numerosos grupos tradicionais como son Inllar e Xa era Hora (ambos de O Couto), os Gaiteiros de Anós, Maruxía de Laxe, ou o grupo de pandereteiras As Xeitosiñas, de Leiloio. Sinala Costa que esta é a segunda edición desta foliada e que agarda que sexa «moito mellor que a primeira, e que sigamos repetindo ano a ano»