Campaña en Laxe polos dereitos lingüísticos

A sección da Mesa pola Normalización en Bergantiños promoveu unha recollida de firmas: 250 persoas amosaron o seu apoio

.

carballo / La voz 21/03/2017 05:00 h

A sección da Mesa Pola Normalización Lingüística en Bergantiños comezou a recollida de sinaturas pola comarca. En Laxe, foron 250 persoas as que amosaron o seu apoio á iniciativa lexislativa popular para que a lingua galega conte cos dereitos que lle corresponden como lingua propia e oficial de Galicia e, máis concretamente, para que se garantan os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. En vindeiras semanas, segundo anuncia a entidade, continuarase coa recollida de sinaturas noutros municipios bergantiñáns.

Votación
3 votos
Comentarios