«A un só partido no se pode dicir que o Dumbría sexa o gran favorito»

La Voz

DUMBRÍA

JORGE PARRI

25 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Julián Ferreiro Rodríguez (Negreira, 1973) remata a súa estadía no Dumbría despois de dous anos disputando a final da Copa da Costa.

-¿É favorito o seu equipo?

-A un só partido no se pode dicir que o Dumbría sexa o gran favorito. Calquera xogada, unha expulsión ou una acción individual pode cambiar totalmente o resultado en calquera instante.

-Pero na liga o seu equipo gañou ao Fisterra.

-A Copa é totalmente diferente, e un partido non vale de nada una boa plantilla ou ser máis regulares. É outra situación e así temos que afrontalo.

-Non vai seguir no Dumbría.

-Non, fichei para a vindeira tempada no Negreira de Terceira División, pero gustaríame gañar a Copa como despedida. É a primeira vez que disputo esta final, porque e a primeira vez que participo nela.

-¿Será un partido especial?

-Non o considero así. É certo que si me gustaría gañar a Copa, pero considero que é un partido máis, pero con valor engadido de conseguir un título para o club.

-¿Foi unha temporada intensa?

-A verdade é que si. Empezamos en xullo e rematamos en xuño, case un ano de competición. O equipo chega coas pilas xustas, pero moi motivado.

Julián adestrará a vindeira tempada ao Negreira na Terceira.