«O equipo pódelle facer fronte a calquera adversario neste intre»

DUMBRÍA

Julián Ferreiro.
Julián Ferreiro. jorge parri< / span>

O adestrador do Dumbría enfróntase a un partido no que deberán demostrar os progresos

14 feb 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Dumbría está facendo uns bos partidos baixo la batuta de Julián Ferreiro Rodríguez (Negreira, 1973), pero os resultados non se corresponde co esforzo. A pesares diso, o técnico é optimista e ve que o equipo vai a máis. O choque de rivalidade diante do Paiosaco é unha boa ocasión para demostrar os progresos que están a facer.

-¿Como se presenta o derbi?

-O equipo pódelle facer fronte a calquera adversario neste intre. O encontro diante do Paiosaco é complicado. É un rival que está nunha gran forma e esa dinámica faino moi perigoso.

-¿Que ten que facer o Dumbría para gañar?

-Por encima de todo non ter fallos. A semana pasada diante do Bertamiráns condenáronnos dous erros individuais. Confío no equipo porque o nivel amosado nos últimos partidos mellorou moito, aínda que temos que mellorar aínda mais.

-¿Como reaccionarían cunha vitoria?

-Coller máis confianza nas nosas posibilidades. Sigo dicindo o que comentei ao coller o equipo, pretendo que o Dumbría sexa un conxunto competitivo e creo que neste momento o é. Estamos moi cerca de gañar un partido e a diferenza no xogo cos rivais no é tanta. Estamos na boa liña, pero temos que seguir traballando.

-¿Que destacaría neste intre do Dumbría?

-O equipo está mellor fisicamente ca no primeiro partido en que o collín e compite mellor. Debemos mellorar aspectos individuais do xogador.