O IEB presentará mañá o novo caderno da serie «Andando por Bergantiños»

La Voz

CORISTANCO

O acto celebrarase na casa escola de Seavia ás oito da tarde

06 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

As parroquias coristanquesas de Couso, Ferreira e Seavia son o destino da nova ruta do Instituto de Estudos Bergantiñáns e, como é costume, tamén do novo caderno editado pola entidade dentro da súa serie Andando por Bergantiños.

O volume, que fai o número 16 da colección, será presentado mañá na casa escola de Seavia (ás 20 horas) coa presenza de boa parte dos seus asinantes: José Antonio Andrade Figueiras. Fernando Cabeza Quiles, Evaristo Domínguez Rial, Xan X. Fernández Carrera, Antón García Losada, Luís A. Giadás Álvarez, José Pumar Gándara e Martín Rabuñal Andrade.

A través de 40 páxinas vanse abordando de xeito pormenorizados aspectos como o marco xeográfico das tres parroquias, os datos demográficos, a toponimia e os seus espazos de interese, tanto naturais como históricos e patrimoniais. Un mapa central da ruta dá paso a unha detalla descrición do itinerario que o IEB percorrerá o sábado da próxima semana e que rematará na Casa Museo de Asunción Antelo. A obra foi editada coa colaboración do Concello de Coristanco.