Finisterre

La Voz BUZÓN DO LECTOR

CORCUBIÓN

26 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Na campaña electoral das municipais que en próximas datas iniciarase e na que as diferentes candidaturas presentarán os logros que conseguiron, as corruptelas do adversario e as propostas que nos ofrecen, considero necesario, antes de que nolo metan con calzador, abrir o debate -xa iniciado nestes días por La Voz de Carballo entre tódolos candidatos-, sobre a fusión dos concellos. Fisterra, Corcubión e Cee están «condenados», por cuestións demográficas e económicas, a agruparse e desenvolver unha xestión máis eficiente. A fusión, politicamente falando, significa que as tres corporacións municipais (Fisterra con 11 concelleiros, Corcubión con 9 e Cee con 13) serían substituídas por unha corporación de 17 edís. Neste debate, como adoita acontecer, xurdirán os argumentos localistas en canto a cómo debe nomearse o novo municipio. Permítanme unha proposta de sentido común: Finisterre. Así é coñecido por millóns de persoas de todos os continentes este extraordinario anaco occidental de Europa. Francisco Leis Vidal. Cee.