A chegada de lixo a Areosa redúcese un 39 % respecto ao 2011

La Voz

CERCEDA

A sociedade destaca a disminución da cantidade de residuos que acaban no vertedoiro de Cerceda

02 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Desde a Sociedade Galega do Medio Ambiente explican que debido a un parón técnico de 30 días o ano pasado no complexo cercedense leváronse 3.000 toneladas máis de lixo ao vertedoiro de Areosa que o ano anterior. En total, 189.411 toneladas que non recibiron o tratamento axeitado. 

Aínda así, desde a entidade lembran que as toneladas depositadas en Areosa durante o ano pasado foron un 39 % menos que no 2011 (311.480). 

Durante os tres anos anteriores rebaixouse case á metade o volume de residuos que non se procesaron na planta.