O Colexio Manuela Rial Mouzo é o primeiro finalista do «Ecopreguntoiro»

Agora queda esperar a próxima semana para saber que outro colexio se inclúe na final desta edición de Ecovoz

.

O colexio Manuela Rial Mouzo de Cee foi o primeiro en meterse na final do Ecopreguntoiro deste ano. Conseguiuno despois de gañar ao centro A Milagrosa, de Lugo. Participaron do colexio ceense as rapazas Lian Blanco, Sarai Baldomar, Marta Vérez, Andrea García e Adriana Castiñeira. Ao outro lado, polo colexio lucense, estiveron Tatiana Cabaneiro, Sergio Rodríguez, David Lorenzo, Carla Rivera e Ana Piñeiro. Ambos colexios tiveron un paseo impecable por este Ecopreguntoiro. Agora queda esperar a próxima semana para saber que outro colexio se mete na final desta edición de Ecovoz. 

Votación
0 votos
Comentarios