O programa Apego bota a andar con teatro familiar

La Voz

CEE

Durante o mes de abril haberá cinco espectáculos e en maio e xuño, un obradoiro de fomento da lectura con cans

28 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cee xa forma parte do programa de promoción do galego na infancia Apego. O alcalde, Ramón Vigo; a concelleira de Cultura, Camola Díaz, e a técnico de Normalización Lingüística, Merceds Rodríguez, deron a coñecer as súas primeiras actividades.

1 de abril

«Cu-cú, tas-tás». 18 horas • Auditorio Baldomero Cores • 3 euros (2 para os nenos) • Espectáculo de Títeres Cachirulo dirixido a 50 nenos de ata tres anos (acompañados de un adulto).

 9 de abril

«A cincenta». 19 horas • Auditorio Baldomero Cores • 3 euros (2 para os nenos) • Nacho Martín e Fran Giraldo protagonizan esta obra de Teatro del Andamio dirixida por Tatiana Likhacheva e pensada para nenos maiores de 5 anos.

22 de abril

«O día que chegou unha nube e choveu». 18 horas • Auditorio Baldomero Cores • 3 euros (2 para os nenos) • Proposta de monicreques de Trompicallo Teatro con Marian González en escena. Para un máximo de 50 nenos de ata 3 anos.

25 de abril

«A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo». 10.30 horas • Auditorio Baldomero Cores • Os alumnos das unitarias da Pereiriña e Brens son os destinatarios do espectáculo de Duende Sico.

29 de abril

«Irina Bailarina». 19 horas • Auditorio Baldomero Cores • 3 euros (2 para os nenos) • Teatro dos Ghazafelhos convida a pensar aos nenos maiores de 5 anos sobre os roles de xénero e os estereotipos sociais.

Maio e xuño

Lectura con cans. 18 horas • Sala de conferencias da Casa da Cultura • Inscrición previa • Os días 5, 12, 19 e 26 de maio e 2, 9, 23 e 30 de xuño desenvolverase un obradoiro de fomento da lectura impartido por personal do gabinete psicopedagóxico Con.tacto e dirixido aos nenos de entre 3 e 6 anos.