O Manuela Rial Mouzo, á seguinte fase

La Voz

CEE

VERÓNICA COUTO

Os rapaces do colexio ceense superaron ao CEIP A Ponte, de Ourense

20 feb 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Ecovoz segue o seu curso, e nesta ocasión os colexios enfrontados foron o Manuela Rial Mouzo de Cee e o CEIP A Ponte, en Ourense. Pola banda ceense participaron Lian Blanco, Sarai Baldomar, Marta Vérez, Andrea García e Adriana Castiñeira. Dende Ourense, Héctor Carballude, Uxía Sande, Rodrigo Lamazares, Hugo Vázquez e Carla Rey. Despois de 5 preguntas e unha pregunta rápida, os gañadores foron os rapaces do Manuela Rial Mouzo de Cee, que pasan así á seguinte fase. Para este próximo venres, día 24 de febreiro, participarán o CEIP O Salvador e o Sagrado Corazón de Placeres. foto verónica couto