«Este ano saía máis xente con bolsas, e iso é unha sinal de que foi ben»

La Voz

CEE

Jaime Casais é o presidente da Asociación de Empresarios Comarca Costa da Morte

24 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Jaime Casais é o presidente da Asociación de Empresarios Comarca Costa da Morte, organizadora da Feira de Oportunidades de Cee..

-¿Que balance fai despois da fin de semana?

-Foron cifras semellantes ás do ano pasado, pero este ano saía máis xente con bolsas, e iso é unha sinal de que a feira foi ben.

-¿En que momento percibiron unha maior afluencia de xente?

-A partir das seis da tarde e ata o peche é cando se xuntaba máis xente, e hoxe [por onte], decidimos abrir ata máis tarde das nove, porque seguía habendo clientes mercando.

-¿Que produtos foron os que tiveron máis éxito?

-A maioría da xente veu a equiparse para o inverno, así que levaron roupa, calzado e complementos, sobre todo.