Os escritores de AELG apoian o manifesto de Queremos Galego en Cee

La Voz CEE / LA VOZ

CEE

La organización feminista Buserana: «O que non se nomea non existe»

25 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) súmase e apoia o manifesto de Queremos Galego en relación coa ordenanza aínda pendente de fomento do idioma «propio» na administración local de Cee, despois da polémica suscitada, sobre todo pola postura do PSOE.

«Preocúpanos a insensibilidade de quen se estende en citas xurídicas para negar unha realidade evidente, o retroceso social por infravaloración marxinal da lingua galega, tan evidente que até todas as organizacións políticas foron quen de se pór de acordo en favor dela nos marcos lingüísticos legais e de referencia», explican nun comunicado.

A entidade considera «xustificar o inxustificable» e «intelectualmente deshonesto» restrinxir a igualdade lingüística «apelando á escrita de obra literaria en castelán por parte de Rosalía de Castro ou Álvaro Cunqueiro» sen ter en contra que se fixo nun contexto non libre de «prohibición e desamparo da lingua galega», ademais de seren autores significados na defensa da normalización.

Por todo iso, lamentan que os partidos políticos asinen acordos que despois non colectivizan entre os seus.

Buserana: «O que non se nomea non existe»

La organización feminista Buserana expresó ayer su «desconcerto e posterior enfado» ante las declaraciones realizadas por el concejal del PSOE Modesto Rivas en el pleno de Cee que «mostran unha actitude claramente machista e un descoñecemento inadmisible da linguaxe inclusiva por parte dun representante da cidadanía, ademais de un burdo xogo de palabras».

La entidad recalca que durante siglos las aportaciones de las mujeres en los ámbitos científico y literario entre otros muchos fueron «excluídas da historia, borradas da memoria, plaxiadas e ninguneadas». De ahí que mantenga que «a linguaxe non é inocente nin o masculino inclusivo, senón unha ferramenta máis da sociedade patriarcal» dominante.