«Os servizos sociais, máis que gasto son inversión»

La Voz

CEE

29 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

? A rexedora sitúa os servizos sociais no centro do labor levado a cabo no Concello.

-¿Que importancia lle deron a estas coberturas?

-Da maneira que está afectando a crise en Cee e en todos os lados, faise imprescindible un esforzo extra nestes aspectos. O que tratamos nós é de estar de lado das familias que máis o necesitan, con becas de estudos, axudas para libros e todo tipo de programas de apoio. Aínda que sempre queda alguén en lista de espera, porque as necesidades son moitas, incrementamos dun xeito importante a prestación de axuda no fogar, que é algo que non se ve como as obras, pero que a xente que realmente a precisa, agradece moito máis que calquera outra cousa que se lle poida dar. Para nós os servizos sociais máis que gasto son inversión, porque con programas destes ao mellor consegues evitar que unha persoa teña que ingresar nunha residencia. O centro de día para o que temos o compromiso da conselleira de Traballo e o edificio adecuado para polo en marcha o ano que vén é a resposta a unha necesidade.

-¿Que outras necesidades ten o pobo de cara ao futuro?

-Quedan moitas cousas por facer. Algunhas xa as temos aprobadas, pero nas parroquias hai aínda actuacións por diante, o desenvolvemento do CMAT e do xeodestino é moi importante para Cee e para toda a bisbarra, temos necesidades en cando a saneamento, promoción do Camiño, rematar o PXOM, a mellora integral que agradamos do centro de saúde...