O galego e a música: arrinca o curso de verán en Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Jose Manuel Casal

A 13.ª edición deste encontro de dinamización lingüística comeza hoxe ás 10.00 no Fórum

19 jul 2017 . Actualizado a las 14:32 h.

Hoxe • Concello de Carballo e Universidade da Coruña (UDC) renovaron a súa colaboración para unha nova edición, a número 13, do curso de verán de dinamización lingüística Traballando en Lingua. Centrado nesta ocasión no mundo da música, as sesións arrican precisamente hoxe, no Fórum de Carballo, e co seguinte programa:

09.30 : Recepción • Benvida aos asistentes e entrega da documentación necesaria.

10.00: Inauguración • A apertura oficial do curso correrá a cargo de Valentín García, secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta; Julio Abalde, rector da UDC; Evencio Ferrero, alcalde de Carballo; e Marisol Ríos Noia, coordinadora do Servizo de Normalización Lingüística da UDC.

10.30: Sés • A cantante María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, intervirá cun relatorio titulado A creación musical en linguas minoritarias e minorizadas.

11.30: Café • Descanso.

12.00: Pablo Carpintero • O músico, artesán e investigador galego Pablo Carpintero abordará unha aproximación ao léxico dos instrumentos tradicionais.

13.00: Mini, Mero e Pilocha • Rostros ben coñecidos os dos cantautores desta sesión, que tratarán a asunción do galego máis alá da música.

14.30: Xantar • Descanso.

16.30: Xosé Manuel Sánchez Rei • Filólogo e escritor, Xosé Manuel Sánchez Rei tratará como se pode mellorar a lingua a través do cancioneiro.

17.30: Mesa redonda • Con Arturo Baquero, Eloi Caldeiro, Patricia Hermida e Segundo Grandío: A xestión e a produción da música en galego dende o sector empresarial.

18.45: Café • Descanso.

19.20: Obradoiro • Regueifa de peche con Moncho do Orzán.