Despedida con maxia e premios en Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Ana Garcia

O CEIP San Luís Romero e o CRA Ponte da Pedra compartiron o galardón ao mellor traballo

29 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Semana do Libro e da Lectura de Carballo concluíu onte cunha animada gala de maxia e premios. O acto, no que tomaron parte o alcalde carballés, Evencio Ferrero, e a Carmen Vilariño, en representación da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, puxo o punto final a cinco días de actividades enfocadas, segundo explicou esta última, a «fomentar o amor pola lectura» e a animar ás familias a facer o propio nas súas casas. «Nos libros están as cousas máis bonitas que podedes aprender», engadiu Ferrero. O Mago Marco animou cos seus trucos o acto de despedida desta actividade, que suma xa doce edicións. Ademais de ilusionismo houbo tamén recoñecementos. Esta vez foron compartidos debido á gran calidade das propostas presentadas polos centros escolares participantes. Todos eles levarán como agasallo un lote de libros e no caso do CEIP San Luís Romero e do CRA Ponte da Pedra recibiron tamén o premio ao mellor traballo.