O sábado finaliza o prazo do certame Contos de Primavera

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Está dirixido aos escolares da ESO da Costa da Morte e organizado por La Voz e Radio Voz

27 abr 2017 . Actualizado a las 04:00 h.

Os estudantes de ESO da Costa da Morte que queiran participar na primeira edición do certame Contos de Primavera teñen ata o sábado de prazo para facer chegar o seus textos -a través dos seus respectivos centros educativos- á delegación de La Voz de Galicia en Carballo (rúa Gran Vía, número 84, 1.º, 15100).

O concurso, que segue a estela dos Contos de Nadal, pero aumentado a idade dos participantes conta co patrocinio de Calvo e anima aos estudantes a deixarse inspirar pola paisaxe, a historia, o patrimonio e a etnografía da Costa da Morte. Dez textos seleccionados por un xurado serán publicados nas páxinas de La Voz e os tres máis valorados recibirán os premios principais e serán difundidos tamén a través de Radio Voz Bergantiños.