Letras e política no IES Alfredo Brañas

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Onte visitou o centro o escritor Héctor Cajaraville e hoxe farano tres exdeputados galegos

26 abr 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O IES Alfredo Brañas, de Carballo, prosegue coa celebración da Semana das Artes, das Letras e da Música e coas visitas de persoeiros diversos. Onte pasou polo centro o escritor e tradutor compostelán Héctor Cajaraville e hoxe farano tres exdeputados do Parlamento Galego: Fernando Rodríguez Corcoba, Francisco Xullo Cerviño González e María Tereixa Novo Arrojo. Ademais, continuarán os obradoiros e haberá unha pequena representación.