Arrinca a formación de Youtubeir@s en Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

José Manuel Casal

Dos tres obradoiros previstos na capital de Bergantiños, dous xa botaron a andar

29 mar 2017 . Actualizado a las 12:23 h.

Dous dos tres obradoiros de videocreación para youtebeiros e youtubeiras que se desenvolverán en Carballo botaron a andar onte. O primeiro deles, no instituto Monte Neme (imaxe) e, o segundo, no Pazo da Cultura. Sendo esta unha iniciativa de servizos de normalización lingüística de varios concellos, do que se trata é de formar xente interesada en facer e difundir vídeos na rede de opinións e titoriais en galego. O terceiro obradoiro será no Parga Pondal, e comezará o día 5.