«O Plan de Sendas de Galicia será moi beneficioso para os concellos de Bergantiños»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

O departamento de Ethel Vázquez Mourelle prevé un investimento de 26 millóns de euros na construción de 55 novas sendas en toda a comunidade galega

24 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais da entrada inminente en funcionamento da tramo un da autovía da Costa da Morte, a actualidade no departamento de Infraestruturas e Vivenda pasa, no que respecta a esta bisbarra, pola posta en marcha do denominado Plan de Sendas de Galicia, iniciativa na que o departamento de Ethel Vázquez Mourelle prevé un investimento de 26 millóns de euros na construción de 55 novas sendas en toda a comunidade galega.

-¿Que representa este plan?

-Supón unha mellora da calidade de vida dos veciños, sobre todo do eido rural. Un achegamento aos servizos públicos que, doutra forma, terían máis complicado. E quero lembrar que Bergantiños forma parte do primeiro grupo das sete comarcas galegas beneficiadas. Estamos a falar de sete novas sendas, que suman máis de nove quilómetros, e un investimento de catro millóns de euros. Todos os concellos de Bergantiños se verán favorecidos por este Plan de Sendas de Galicia.

-¿Como se atopan os trámites?

-Estamos a elaborar os proxectos definitivos e queremos agradecer o labor dos concellos na axilización dos trámites para poñelos a disposición da Xunta o antes posible.

-¿Cando verán a luz estas novas sendas peonís?

-O obxectivo é poder licitar todas estas sendas antes de que remate este ano. Para nós é un plan prioritario, que queremos acometer canto antes. Se todo marcha segundo o previsto, estas obras comezarán entre finais deste ano e inicios do que vén, que é cando terán que estar rematadas e listas para o seu uso. Estamos a falar de trazados importantes como o de Bértoa, en Carballo, o que enlaza Xornes, Canta La Rana e Buño, a de Laxe e as da Laracha.