«O club vive o seu mellor momento»

MELISSA RODRÍGUEZ, X. A. CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

RAMÓN RIVERA

Marcos Díaz Molk asume a presidencia do Basket Xiria

23 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Tras tres anos na directiva da Escola Basket Xiria como vogal e logo dunha longa vida no mesmo club como xogador, Marcos Díaz Molk, de Carballo, asume a presidencia da entidade.

-¿Como foi a decisión de asumir este novo cargo?

-O anterior presidente, Diego Vázquez, xa levaba dez anos no cargo e, agora, ao asumir novas responsabilidades no campo do seu traballo, facíaselle demasiado. Foi unha proposta del porque cría que eu cumpría o perfil para o posto. Pola miña parte tampouco lle podía dicir que non porque o baloncesto foi toda a miña vida e Xiria sempre me coidou moi ben.

-¿Cal é a situación da escola e que obxectivos se propón?

-Vive o mellor momento da historia en canto a volume de xogadores. Coa colaboración que temos con Artai andamos preto de 300 xogadores de baloncesto en Carballo e logo, cos convenios con A Laracha e Ponteceso, chegamos a 500 nenos e nenas. O obxectivo principal é en dous-tres anos subir un peldaño de categoría no equipo Sénior, que sería a liga EBA. Creo que é o nivel que lle corresponde a Carballo.

-¿Como vai combinar dous traballos?

-Como ata o de agora: sacando tempo de onde non o hai. De tódolos xeitos, é unha afección máis que un traballo. Ademais, temos traballadores moi bos e aplicados, polo que a directiva o que fai é coordinar ese labor.

-¿E como recorda a etapa de xogador no Xiria?

-Moi bonita e ilusionante. Alí coñecín a grandes amigos e máis aprendín os valores do deporte, que sempre llos recomendo a todo o mundo porque son fantásticos.