O certame carballés premia a Borxa González Tenreiro

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

O tradutor ferrolán gañou o galardón cun texto titulado «Non por min, por eles»

08 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A duodécima edición do premio a artigos xornalísticos normalizadores que convoca o Concello de Carballo xa ten gañador. Tras analizar os 37 traballos presentados, o xurado integrado pola concelleira Inés Rodríguez, a profesora Luz Cures (gañadora do ano pasado), os xornalistas Olalla Rodil e David Lombao e o normalizador lingüístico Nel Vidal acordou conceder o premio (dotado con mil euros e a publicación de texto en varios xornais, entre eles La Voz de Galicia) a Non por min, por eles, de Borxa González Tenreiro, tradutor nacido en Ferrol e residente en Lisboa.

O xurado valorou no texto aspectos como a súa «capacidade de argumentación a prol do ben común (...) e de transcender argumentos románticos ou abstractos» e a súa «clareza expositiva».