Carballo convida a buscar o galego que levamos dentro

Á. P.

CARBALLO MUNICIPIO

<span lang= gl >Os actos das Letras Galega e a campaña G en ti foron presentados onte no xardín</span>
Os actos das Letras Galega e a campaña G en ti foron presentados onte no xardín . CIBEIRA< / span>

A programación das Letras Galegas chega acompañada da campaña G en ti

05 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Os versos de Manuel María «Galiza somos nós / a xente e mais a fala / Se buscas a Galiza / en ti tes que atopala» inspiran e encabezan o programa co que Carballo celebrará este ano as Letras Galegas e a campaña G en ti coa que anima a todos os veciños a darlle sentido ás verbas do autor homenaxeado.

O Concello pretende dar así continuidade ás actividades que vén desenvolvendo durante todo o ano, tal como explicou onte o alcalde, Evencio Ferrero, na presentación deste programa no que Manuel María, pese a estar moi presente a través de varios actos, cede o espazo visual a algúns veciños de Carballo: tres estudantes do IES Parga Pondal, Rocío Martínez (propietaria e cociñeira do restaurante Pementa Rosa), o médico Álex Ávila, e ao músico Suso Serrano e ao seu fillo.

Arredor de 20 actividades compoñen unha oferta na que colaboraron as concellerías de Cultura e Normalización Lingüística. Os seus responsables, Marcos Trigo e Inés Rodríguez, acompañaron a Ferrero nunha presentación, tamén orixinal, que tivo por escenario o xardín municipal, moi preto do monolito de Pondal.

 

Venres 6

20.00. Libraría Brañas Verdes. Presentación da reedición do libro de Francisco Rodríguez Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza.

 

 Día 8, 15, 21 e 22

Varios horarios. Pazo da Cultura. Representacións teatrais dos grupo de Vagalume Animación.

 

 Luns 9

20.00. Biblioteca Rego da Balsa. Mercedes Queixas presenta o libro sobre Manuel María Labrego con algo de poeta.

 

 Mércores 11

18.00. Pazo da Cultura. Concerto de Fran Amil e a tribo incomprensíbel. Haberá tamén un pase matinal para escolares e un fotocol de Manuel María.

 20.00. Rego da Balsa. Faladoiro sobre tatuaxes e presentación do libro Tatoos da Galiza.

 

 Xoves 12

17.30 e 19. Pazo. Espectáculo de Babaluva para bebés A alfombra máxica.

 

 Sábado 14

20.00. Local social de Cances. Presentación dos libros Coristanco, As súas parroquias, de Evaristo Domínguez, e Reválida de sexto, de José Antonio Andrade.

 

 Domingo 15

18.00. Local social de Berdillo. Celebración de los Encontros Culturais Arume.

 

 Luns 16

20.30. Casino. Conferencia de Xan Fraga sobre Manuel María.

 

 Martes 17

11.00. Xardín. Xornada As Letras en Voces coa actuación da Banda Municipal de Gaitas, o grupo de música tradicional de Arume, a Coral Ribeiras do Anllóns e varios centros educativos.

 11.00. Plaza do Concello. 37º. concurso infantil de pintura Luis Calvo.

 12.00. Xardín. Galeatro pon en escea Unha clase maxistral.

 12.45. Rúa Coruña. Concerto da Banda Municipal de Música.

 13.30. Xardín. Concerto de presentación do disco Son Carballo, no que participan Sonseis+, Lowcos, POrta con porta, Versión Imposible, Surf&Surf, Killer Cats, The Cerne, Dude, Crú e Nanny Mouro.