Pablo Díaz cantou e contou para os bebés e as familias

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

José Manuel Casal

A ludoteca municipal acolleu a iniciativa dentro do programa «Apego»

22 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Pequeniños, pero atentos. A ludoteca municipal de Carballo foi o escenario onde, onte, comezaron as actividades do programa Apego, promovido polo Concello de Carballo para favorecer a crianza dos pequenos en galego, dende o berce mesmo, a través de diferentes iniciativas. Pablo Díaz foi o encargado de contar e contar para os bebés e para as súas familias, unha actuación que acadou moito éxito, porque a sala estaba ateigada de pequenos. Díaz ten tras de si unha longa traxectoria, como artista e como recolledor de tradición. Da súa autoría é Tic-tac ou Toc-toc.