O fútbol no Concello de Camariñas no libro de Costa

Xosé María Lema Suárez

CAMARIÑAS

A formación do Camariñas que conquistou o título de liga da Costa na Segunda Rexional na campaña 2003-2004.<span lang= es-es > </span>
A formación do Camariñas que conquistou o título de liga da Costa na Segunda Rexional na campaña 2003-2004. ana garcía< / span>

Do conxunto máis antigo, o Porteño, ao máis recente, o Xaviña, pasando polo Camariñas e o Camelle

25 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro venres, día 27, ás 20.00 horas, presentarase no Restaurante Puerto Arnela de Camariñas o libro 50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014).

Os clubs do Concello de Camariñas están ben representados nesta obra, desde o máis antigo, o Porteño, ó máis recente, o Xaviña, pasando polo Camariñas e o Camelle.

O Porteño, o club máis antigo

O C. D. Porteño fora un dos oito clubs fundadores da Liga da Costa en 1964; deste ano recóllese un vivo relato dun dos seus protagonistas, Juan Ramón Carballo, cunha foto do primeiro presidente, Manuel Alonso. Non obstante, a práctica do fútbol na Ponte do Porto xa estaba documentada na década de 1920: no libro figura a primeira crónica (do 27-7-1925) dun partido xogado polo Porteño (reforzado por xogadores de Camariñas) en Cee, ante o Junquera F.C. local; o ?match? contara cun árbitro internacional, un arxentino de Buenos Aires. Hai outros partidos xogados polo Porteño en 1927, entre eles o da inauguración do seu campo contra o Buserán de Muxía; vén tamén a foto dos dous conxuntos coa que Ramón Caamaño inmortalizara o acto. Pasando á historia recente, no libro figura a foto da Copa da Costa conquistada polo moderno Porteño en 1973, fronte ó Carnota (consígnanse as aliñacións e os goleadores) e tamén a celebración do Cincuentenario do club no ano 2014.

O Camariñas, un dos laureados

O Camariñas C.F. entrou na Liga da Costa na temporada 1977-78 e chegaría a ser un dos máis laureados da Costa, con varios títulos: un de Primeira Rexional 87-88, catro de Segunda Rexional (78-79, 79-80, 91-92 e 2003-04) e dúas Copas da Costa (93-94 e 94-95). Estivo tres temporadas na Preferente e catorce na Primeira Rexional. No libro hai un apartado de honor para Vicente Carril, o seu presidente desde a fundación do club: encabeza a táboa dos dirixentes máis lonxevos do fútbol da Costa, e quen sabe se do mundo enteiro, pois vai camiño dos 40 anos no cargo.

O C.F. Camelle entrou na competición costeira en 1980. No seu anecdotario lémbranse as apostas do xa veterano porteiro Pepe da Ferralla (un dos históricos da Costa) cos árbitros, o adestrador-dentista e o presidente camellán que despois foi árbitro: Laureano Suárez ?Liano?, falecido en 2001. A vida do cuarto club camariñán, o Xaviña F.C., foi curta (2010-2013). No cadro dos xogadores-estrela da Costa figuran dous camariñáns: Mario Pasantes ?Camuel? e Juan Cabrejo; os dous xogaron na Segunda División española (o segundo foi titular da Selección Galega 2006 en Santiago). Finalmente, no apartado Non todo vai ser fútbol o balonmán camariñán goza dun apartado especial, e saliéntase a figura de Víctor Vigo, xogador da Asobal e da Selección Galega, que tamén disputou a Champions co seu actual conxunto, el Naturhouse La Rioja de Logroño.