A importancia de non tirar

Luis Rodríguez ASOAR-ARMEGA

CAMARIÑAS

05 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

U nha das prioridades do sector pesqueiro debería ser a colaboración, organización e participación nas diferentes actividades de limpeza dos fondos mariños, praias, boleiras... Isto é importante, posto que o noso traballo depende, en gran medida, da saúde do medio no que traballamos. Polo tanto, debemos ser os primeiros interesados nas accións que poidan favorecer o medio mariño, como o que realizaron as mariscadoras de Camariñas e Mar de Fábula. Oxalá xurdan moitas máis actividades como a anterior, á que apoiamos totalmente. Retirar todo tipo de lixo sempre é moi importante, pero o máis relevante é non tiralo, pasa así, non ter a necesidade de recollelo.