Tempos de Nadal: coral de Cesullas, Bugallido e Virxe da Barca

La Voz

CABANA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCIA

Para esta tarde está previsto un encontro polifónico no auditorio municipal: ás 19.00 horas

08 dic 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O programa Saberes e Sabores do Concello de Cabana fai hoxe unha das súas paradas na rama musical. Ás 19.00 horas, no auditorio municipal da localidade, terá lugar unha nova edición do festival de Corais Tempos de Nadal. A entidade organizadora é a coral de Cesullas, presidida por Carmen Rivera. Os integrantes desta agrupación exercerán de anfitrións, polo que serán os últimos en subirse ao escenario. Como convidados, terán á coral Bugallido de Ames, que actuará en primeiro lugar, e á coral Virxe da Barca de Muxía, que o fará de segunda. Xa hai moitos anos que se vén celebrando este encontro, convertido por tanto nunha das citas fixas da programación de Nadal. O tempo propio destas datas impregnará algúns dos temas que ofrecerán as distintas formacións, mais como dixo Rivera no momento de informar sobre as actuacións desta tarde, «poderase escoitar algo de todo». Así pois, variedade.