Cabana difunde Borneiro cun texto de Felipe Senén

La Voz

CABANA DE BERGANTIÑOS

José Manuel Casal

O Concello distribuirá o artigo do museólogo e arqueólogo nos actos do Outono do Patrimonio

20 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cabana distribuirá nos próximos actos do programa Outono do Patrimonio unha «folla voandeira» cun texto que Felipe Senén lle dedicou á parroquia de Borneiro. «Hai lugares cara aos que nos arrastra ese espírito santo que é ansia de saber», explica o arqueólogo e museólogo nun artigo no que percorre toda a aldea de Borneiro, «compendio da Historia galega».