«O goberno dedica máis esforzo á propaganda que á xestión»

C.V.G. CARBALLO / LA VOZ

A LARACHA

Xoán Manoel Sande cre que "a situación está estancada"

04 jun 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xoán Manoel Sande considera que a chegada de Inditex a A Laracha «é unha boa nova porque o polígono estaba desértico, pero non se debe á xestión do goberno».

-¿Como valora a acción de goberno desde o 2015?

-Creo que a situación está estancada. O goberno dedica máis esforzos á propaganda que á xestión e non hai iniciativas para desenvolver sectores económicos moi importantes como o agrogandeiro. Podían impulsar o banco de terras, servir de intermediarios. Tamén no comercio. Que non se limiten a apoiar o que está ben, como o que fai a asociación de comerciantes cada ano ou a asociación de horticultura, que funciona ben nese ámbito. Hai tempo que demandamos unha concellería de Promoción Económica e crearona neste mandato, pero sen contido político e orzamentario. Levamos seis anos pedindo un viveiro de empresas e agora piden unha subvención á Xunta para a creación dun. Non será por insistencia. Rexeitaron a nosa demanda porque dicían que era moi caro e puxérono na propaganda electoral no 2015.

-¿Que é o que máis lle preocupa?

-Vimos nos últimos anos padecendo unha caída de poboación, que non debería ser pola nosa situación xeográfica, tan cerca de A Coruña. Poderiamos ter medrado máis. Deberiamos ter mellores comunicacións, pero temos a única autovía de España con peaxe. Todos sabemos que cando hai feira en Paiosaco podes estar unha hora para cruzar o pobo. É importante a poboación porque a farmacia de Paiosaco está máis lonxe.

-¿Hai algo positivo?

-Os servizos van funcionando, pero polo bo facer dos traballadores. Vai moi ben o CIM e os servizos sociais