«Pelexarei pola agricultura e a pesca»

La Voz

A LARACHA

Eduardo García Santiago, de En Marea

23 jun 2016 . Actualizado a las 11:35 h.

Defínese como «Beirista». Integrante de Anova, Eduardo García Santiago (Lugano, 1967) vai de primeiro suplente na lista ao Congreso. «Tiña que ir nas eleccións do 20 de decembro pero un inconveniente de índole persoal o impediu». Agora colle forzas para as eleccións deste domingo. Ten claro o seu manual de traballo en caso de lograr o posto en Madrid: «Estarei vixiante de que ninguén se esqueza de Galicia e da Costa da Morte». A súa proposta ten tres eixos: «Pelexarei pola agricultura e a pesca. Porque a xente nova non teña que emigrar, por unha Lei de Dependencia sen recortes e, sobre, todo, por priorizar o emprego». Para ilo, García fala de «a posta en marcha de plans para encher os polígonos de Malpica, Vimianzo e A Laracha». Segundo el, «o Goberno non está a facer nada pola xeración de emprego estable e de calidade en Galicia e na comarca».