O xoves, Foro Voz sobre turismo na Laracha

La Voz

A LARACHA

Responsables municipais, provinciais e autonómicos e representantes do GAC debatirán sobre a promoción da comarca

26 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Este xoves, A Laracha acolle un novo Foro Voz. Será a sétima edición deste espazo de discusión que organizan La Voz de Galicia e Radio Voz. O tema do debate desta semana volverá a ser o turismo. Se en Carballo o coloquio se centrou na parte máis técnica do sector, na Laracha tratarase de poñer o foco sobre os axentes e institucións que promoven o turismo na Costa da Morte e no caso particular do Concello larachés. Asistirán Nava Castro, directora da Axencia Galega de Turismo; Guillermo González, xerente do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte; Nani Arenas, asesora de turismo da Deputación de A Coruña, e José Manuel López Varela, alcalde da Laracha. O acto será na Casa da Cultura larachesa desde as 20.30 horas e a entrada é libre.