«O peor destes dous anos foi a perda dos fondos europeos»

s. g. rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O portavoz do PP, Aurelio Núñez, considera que a valoración xeral «é mala, co goberno paralizado»

28 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Aurelio Núñez Centeno (58 anos) recuperou recentemente a iniciativa municipal, que compatibiliza coas súas obrigas de deputado autonómico.

-¿Como valora estes dous primeiros anos?

-A valoración xeral é mala, co goberno paralizado, con pouca iniciativa. Parece xa cansado de tantos anos de gobernar. Hai unha falta de previsión importante. Hai soberbia e prepotencia pola maioría absoluta. Non teñen nin una mala palabra nin unha boa acción.

-¿O mellor ou o peor?

-O peor destes dous anos foi a perda dos fondos europeos Edusi, pola inoperancia constante do goberno do BNG. Inclúen cousas en proxectos que logo non se ven na obras, como no Chorís, o semáforo de Bértoa... Hai moitos temas, pero o peor é o dos fondos europeos. E tamén vexo unha falla de sensibilidade coa discapacidade. É un goberno que presume de social, pero logo non fai nada para evitar as barreiras.

-¿Que opina de como se vai peonalizando o centro?

-Paréceme ben, pero hai que ter claro que empezaron cun goberno do PP. Están ben. O que está mal é a falla de previsión que teñen nelas, xerando moitas protestas e líos de tráfico, como xa vimos coa Martín Herrera e Sol, que non estaba planificado que facer. O paradigmático disto é ter un aparcamento soterrado que é só un túnel que custou 100 millóns de pesetas.

-¿Que tal a experiencia municipal? ¿Será candidato?

-Moi ben. Dá traballo, pero a min gústame moito a política municipal. Falar cos veciños, escoitar os seus problemas e preocupacións, loitar por melloralos, trasladalos ao pleno. En canto ao de candidato, aínda non toca.